Dun tempo a esta parte é común ver en diversos medios iniciativas máis ou menos publicitarias que reivindican unha artificial identidade galega baseada en argumentos cando menos peculiares: dende compilacións de tópicos que provocan a hilaridade, ata costumes máis ou menos discutible como tales no mundo rural, véxase a penosa fealdade da construcción chapuceira de algunhas vilas abandeirada pola xa máis que lamentable costume de pecha-los minifundios con somieres vellos adornando a entrada con hortensias plantadas en tambores oxidados de lavadoras rescatadas dalgún vertedoiro incontrolado.
Esta elevación a identidade de tópicos de pouco percorrido e chapuzas derivadas da mal levada modernización do rural, oculta a outra realidade máis preocupante e que troca o sorriso provocado polas primeiras en facianas escandalizadas cando vemos que a auténtica realidade galega convértese, pouco a pouco, nunca marea de cemento nas costas que afogan as nosas vilas mariñeiras, ríos a cada paso menos cristalinos, e vilas desertas no interior rural polo esquecido do medio pese a ter sido a base social de Galicia perante séculos e seguir constituíndo o motor das provincias do interior que, aínda que moitos parecen esquecelo, son a metade das que ten Galicia. Si, dúas.
Nas pequenas vila costeiras os homes do mar vixían os seus botes durante horas en días de agosto tratando de evitar que sexan tronzados polas grandes lanchas de recreo pilotadas por barrigudos novos ricos que nunha absurda manobra mental, achegan barcos de quince ou vinte metros a menos de dez das pequenas praias das rías galegas. Os que aprendemos a nadar de rocha en rocha abordando eses botes dos paisanos que rezumaban tinta das luras colleitadas a madrugada anterior, e que gozamos da sensación de liberdade neses recunchos da Galiza de hai poucos anos, temos que aprender de novo a nadar coa cabeza fora da auga e utilizando máis sensos que os habituais para evitar ser triturado polas ruidosas motos acuáticas e planadoras absurdamente utilizadas para saír do porto a desembarcar na cala seguinte case sen tempo a quentar motores.
No interior, os paisanos xa non poden percorrer as corredoiras sen buscar continuamente unha cuneta ou beirarrúa inexistente- máis ben valado- para non seren atropelados polos potentes allroads dos mesmos barrigudos da lancha que, no inverno, van descubrir a Galiza rural na procura de restaurantes de nouveau cuicine onde piden Rioja para pasar mellor a comida. Apesares de levar un caro navegador de última xeración incorporado, vense forzados a baixala fiestra e preguntar, en castelán, ao paisano que case atropelan, ónde está tal ou cal vila porque non sae a corredoira no GPS, siglas que moitos deses paisanos que indican o camiño dende a beira da corredoira, non saberán nunca o que significan, igual que moitos dos barrigudos.
A verdade é que, por moito que busquemos o sorriso con campañas baseadas en tópicos máis ou menos graciosos, a realidade galega, a identidade desta terra que foi buscada durante moitos anos polos galeguistas en argumentos como a lingua e as peculiaridades sociais e culturais, corre perigo de quedares niso: na anécdota, no chiste. Galicia é algo máis, moito máis. Coidémola, riámonos de nós mesmos como un xeito intelixente de afronta-la realidade, pero poñámonos serios inmediatamente despois para tratar de defender o noso.
Demos a benvida á era dixital, pero non como substituta da auténtica e non virtual Galicia da lingua e a paisaxe, da terra e o mar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario